ACTIVIDADES "TODO VAI SAÍR BEN"

martes, 2 de junio de 2020

martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O SOPRO


BINOMIO FANTÁSTICO DE GIANNI RODARI


Que é o Binomio Fantástico?

Gianni Rodari dinos que se trata de asociar dúas palabras que en principio non teñen ningunha conexión lóxica para crear unha historia. A idea é que dende unidades máis pequenas, como as oracións, sexan quen de relacionar dúas palabras e comezar a crear unha historia.


 Esta web, https://www.conderechoavolar.com/, deixanos este material para divertirse creando.

XOGO TARXETAS PREGUNTONAS

Podemos usar este material con aquel alumnado que lle custa expresarse por iniciativa propia para traballar a expresión oral, pero tamén cun grupo para establecer unha dinámica divertida de aula.


ACTIVIDADE PARA TRABALLAR A DISCRIMINACIÓN CON PARES MÍNIMOS


Como podemos usar este material que nos ofrece la http://lapsico-goloteca.blogspot.com/ : 
1.- Nomeamos os debuxos das tarxetas ( por se descoñecemos algún dos debuxos) e despois pedimos ao alumno/a que sinale un dos debuxos coa seguinte consigna: " Pon o teu dedo no coche" por exemplo.
2. -Tamén podemos xogar doutra maneira; sen que o alumno/a vexa os debuxos nomeamolos e logo o alumno/a deberá repetir o seu nome, co que traballaremos a atención, discriminación e memoria auditiva





XOGO DE AULA PT PARA UNIÓN E FRAGMENTACIÓN DE PALABRAS


Actividade on line de aulapt.org para traballar as unións e fragmentacións de palabras en oracións, omisións e número de sílabas.









lunes, 27 de abril de 2020

CONTOS DE KALANDRAKA TELEVISIÓN

Neste enlace podedes atopar os contos de Kalandraka contados por persoas que seguro vos resultan familiares. A desfrutalos!